O Entroido do Concello de Vilaboa do Morrazo
As MADAMAS , os GALÁNS, e o sacrificio do galo

 

O Entroido é unha festa  ancestral que se perde no tempo, quizais,  rituais de orixe pagano que co paso do tempo e xeración tras xeración foi conquerido o carácter  tradicional co que se mantén hoxe en día.

 

Para a veciñanza de Vilaboa, sobre todo das parroquias de Cobres, o entroido é vivido dun xeito moi especial xa que se desenvolve nestas datas unha festa de grande tradición. Polo que, todo o mundo quere ser partífice, un ano máis, da tan arraigada celebración, celebrándose coa ledicia e ilusión que merece para o goce de todos; visitantes habituais dos pobos limítrofes e turistas esporádicos.

 

O tradicional “Antroido Dos Cobres”, segundo escritos da época, remóntase a principios do século XVIII e debe a súa actual vixencia á tradición oral que foi transmitindo o interese e participación na festa de xeración a xeración.


Esta herdanza cultural pasada de pais a fillos, de avós a netos logrou manter viva e presente unha
celebración colectiva sorprendente e particular, tal e como é o Entroido de “Cobres”.

 

Madamas e Galáns. Historia do entroido de Cobres... VÍDEOS

 

Actualidad

 

Programa do Entroido de Cobres 2018

 

 

 

madama

Sábado 3 de febreiro, ás 17:30 horas, na casa de cultura de Riomaior:

Apertura da MOSTRA CULTURAL.
Presentación do ENTROIDO DE COBRES (Asociación Cultural Cobres).

Actuación das MADAMAS E GALÁNS e os VETERANOS DO ENTROIDO.
Actuación do humorista local XAN LOURENZO, que tamén será o encargado da presentación do acto.
Ó rematar degustación de doces típicos de entroido.

 

 

 

 

 

 

 

galanLuns 12 de febreiro, :
Dende as 17:00h ás 18:30h na Casa de Cultura de Riomaior.

Obradoiro “CONSTRUCIÓN DO SOMBREIRO TRADICIONAL DAS MADAMAS E GALÁN DO ENTROIDO DE COBRES”.

 

 

 

 

 



a corrida do galo
Días 10, 11, 12 e 13 de febreiro
Actuación do Entroido polas rúas durante todo o día

 

Martes 13 de febreiro:

16:00H CORRIDA DO GALO (AO LADO DA CASA DE CULTURA DE RIOMAIOR) presentada polo HUMORISTA XAN LOURENZO

Galo na charca.

Galo na Vara.

Concurso de comparsas.
Actuación das MADAMAS E GALÁNS

Predicador e Corrida do Galo.

Queimada do Galo e fogos de artificio.

 

 

 

 

... a música do entroido:


 

 

 

... o cartel do entroido:

 

entroido

 

 

... o cartel da festa do entroido:

 

 

 

... o cartel do I Encontro de Entroidos en Galicia

 

Carnaval